CRTVG

Buscar

Falecen catro persoas nunha xornada de descenso dos casos activos en Galicia

Publicado o 29/09/2020 19:39

• Descenden os casos activos en todas as áreas sanitarias, agás en Ourense (+13)

Falecen catro persoas nunha xornada de descenso dos casos activos en Galicia

Nas últimas horas faleceron catro persoas que foran diagnosticadas con concoronavirus. Un home de 86 anos, unha muller de 86 anos e un home de 81 anos que estaban ingresados no CHUO, e mais un home de 83 anos que estaba ingresado no CHUS, segundo notifica o Sergas.

Todos eles tiñan patoloxías previas e ningún estaba relacionado con centros de maiores.

Cos catro novos pasamentos notificados hoxe, o total de vítimas dende o inicio da pandemia en Galicia ascende a 740 persoas.

Por outra banda, Galicia rexistra este martes 4.297 casos activos, segundo a última actualización dos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Isto supón 56 menos ca onte. Por outra banda, hai 159 novos contaxios

O repartimento dos casos activos por áreas sanitarias é o seguinte: 

A Coruña: 977 (-22)

Lugo: 539 (-13) 

Ourense: 756 (+13)

Pontevedra: 793 (-18)

Vigo: 510 (-2)

Santiago: 572 (-11) 

Ferrol: 150 (-3)

No tocante a hospitalizacións, hai 28 persoas na UCI, catro menos ca onte; 212 (+2) en unidades de hospitalización; e 4.057 (-54) en seguimento domiciliario. A cifra de curados ascende a 18.744 e  realizáronse 474.033 probas PCR.