CRTVG

Buscar

Falecen seis persoas nun día de descenso dos casos activos en Galicia, agás en Ourense

Publicado o 30/09/2020 20:41

• A área de Santiago, á cabeza no descenso dos casos activos (-35)

• Ourense non logra controlar os contaxios

Falecen seis persoas nun día de descenso dos casos activos en Galicia, agás en Ourense

Nas últimas horas faleceron seis persoas diagnosticadas con coronavirus en Galicia.

Segundo comunica o Sergas, trátase dunha muller de 90 anos que estaba ingresada no Hospital de Verín, un home de 89 anos que estaba ingresado no HM Modelo Belén (A Coruña), unha muller de 89 anos que estaba ingresada no CHOP, un home de 66 anos ingresado no CHUAC, un home de 76 ingresado no CHUO e un home de 87 anos ingresado no CHUAC.

Todos eles presentaban patoloxías previas, agás o falecido no HM Modelo Belén.

A única vítima vinculada con centros de maiores, concretamente coa Residencia Santa María de Verín, é a muller falecida no hospital verinés.

Dende o inicio da pandemia morreron un total de 746 persoas.

Por outra banda, este mércores Galicia rexistra 4.251 casos activos, segundo a última actualización dos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Isto supón 46 casos activos menos ca onte. Por outra banda, hai 163 novos contaxios.

O repartimento dos casos activos por áreas sanitarias é o seguinte: 

• A Coruña: 975 (-2)

• Lugo: 537 (-2) 

• Ourense: 765 (+9)

• Pontevedra: 786 (-7)

• Vigo: 503 (-7)

• Santiago: 537 (-35) 

• Ferrol: 148 (-2)

No tocante a hospitalizacións, hai 27 persoas UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.014 en seguimento domiciliario. En total, curáronse 18.949 persoas curadas e realizáronse 479.922 probas PCR.