Galicia conta cunha nova plataforma para poder acudir a congresos de maneira virtual
Publicado o 10/05/2021 16:09
As novas tecnoloxías tamén abren novas posibilidades para o sector turístico. Galicia conta xa cunha ferramenta nova para celebrar feiras e congresos de xeito virtual. A plataforma chámase Fevir, e os asistentes poden interactuar e facer presentacións grazas aos seus propios avatares. Unha aposta por demostrar que Galicia é un destino seguro.