CRTVG

Buscar

Galicia conta con catro destinos turísticos intelixemtes

Publicado o 27/02/2019 14:44

Son catro. O concello e a Deputación de Ourense, Sanxenxo e a Mancomunidade do Salnés e a Deputación de Pontevedra co turismo das Rías Baixas. Pero o lóxico é que pouco a pouco se vaian integrando outros destinos da nosa comunidade. Destinos intelixentes, espazos turísticos innovadores para facilitar a estadía do visitante pero tamén a do residente habitual.

A efectos prácticos podemos poñer dous exemplos do que supón ser un destino intelixente. Rede wifi na praia de Silgar. Ou que cada visitante de Sanxenxo saiba onde hai prazas libres de aparcadoiro. Ou que Ourense vaia contar con puntos en que se poida acceder a calquera tipo de información. Un destino intelixente é aquel que cada vez vai saber máis sobre o que busca o visitante á vez que ofrece os mellores servizos ao residente.


 

Noticias web

27/02/2019