Falecen dúas persoas nas últimas horas en Galicia, que rexistra 525 contaxios novos e 7.074 casos activos
• Galicia mantén as restricións, con toque de queda das 23:00 ás 06:00
• Sanidade non descarta tomar medidas o venres ante a evolución dos casos nas grandes cidades do país
Nas últimas 24 horas faleceron dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia.
Eran un home de 87 anos que estaba ingresado no CHOP e un home de 77 anos que estaba ingresado no CHUO e procedía da residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar. Os dous tiñan patoloxías previas. Con estes datos, a cifra total de falecidos ascende a 882.
Por outra banda, Galicia rexistrou 525 contaxios de covid−19 en vinte e catro horas, ata as seis da tarde do luns, que son 78 menos que os 603 da xornada precedente, pero os casos activos pasan de 6.766 a 7.074, 308 máis, con subas xeneralizadas en todas as áreas sanitarias.
O repartimento por áreas snaitarias queda:
· Ourense 1.423 (+33)
· Vigo 1.243 (+57)
· A Coruña 1.201 (+34)
· Santiago 1.128 (+6)
· Pontevedra 727 (+44)
· Lugo 691 (+18)
· Ferrol 546 (+58)
Aumenta a pesión hospitalaria
Os últimos datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade mostran que a presión hospitalaria vai en ascenso, con 459 ingresados, quince máis, e deles 58 en UCI, catro máis.
Segundo o xerente do Sergas José Flores, "o número bo é que o 93 % dos infectados por covid−19 está en seguimento domiciliario e, a pesar de que ocupa recursos do Sergas porque o seguimento recae en atención primaria, que está a ter unha carga asistencial moi importante, non compromete a capacidade dos hospitais de seguir atendendo pacientes."
Este luns contabilizáronse doce mortes, a cifra máis alta desta segunda vaga. Cinco deses falecidos vivían en residencias: tres eran usuarios dos Gozos, no Pereiro de Aguiar (Ourense), outro do Viso de Lobeira (Ourense), e unha muller, procedente da residencia de Salvaterra.
Ademais, a Xunta confirmou que na noite do luns se rexistraran dez mortes de positivos con covid−19 nos hospitais galegos. Tres dos falecidos eran dous homes de 87 e 53 anos, respectivamente, e unha muller de 80, que estaban ingresados no CHUS. Outro dos falecidos era un home de 91 anos, ingresado no Hospital Quirón Saúde da Coruña. Tamén unha muller de 87 que estaba ingresada no CHUF e dous homes de 88 e 84 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Así mesmo, perderon a vida un home de 84 anos que estaba ingresado no CHUO e que procedía da residencia do Viso e unha muller de 82 anos que tamén estaba ingresada no CHUO e procedía dos Gozos.
Dos falecementos notificados na pasada xornada, dous producíronse na propia residencia dos Gozos: unha muller de 92 anos e un home de 87.
Os curados chegan aos 25.804, 219 máis.
Contaxios por PCR
A área sanitaria de Vigo lidera, con 137 (36 máis), a alza das infeccións nun día. Ferrol, con 73, incrementa en vinte ese dato, e Pontevedra, con 66, auméntao en oito.
No resto de zonas si que hai descensos: Ourense, 69 (84 menos); Lugo, 34 (25 menos); Santiago, 60 (23 menos); e A Coruña, 86 (dez menos).
As PCR totais son 646.233, 5.612 máis, unha cifra menor á dos últimos días, por riba dos 7.000.
Mapa de alertas