CRTVG

Buscar

Galicia consolídase como a principal potencia na transformación e comercialización de produtos pesqueiros

Publicado o 22/07/2019 16:17

Segundo os datos de 2017, último ano fiscal dispoñible, a industria e comercialización de produtos pesqueiros facturou en España máis de 14.500 millóns de euros, un 7,4 por cento máis, e xerou máis de 30.600 empregos directos, un 1,3 por cento máis. Desde Conxemar valoran este aumento malia a competencia doutros países, especialmente China.

Galicia concentra o 50 por cento da facturación e o 44 por cento dos empregos do sector en España. Unha forza que ten o seu maior expoñente na feira anual de Conxemar en Vigo, e que queren aumentar coa entrada do Consorcio da Zona Franca no IFEVI.

Desde Conxemar destacaron que a revolución dixital, a incorporación das novas tecnoloxías, é o gran reto que debe afrontar o sector para seguir medrando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019