CRTVG

Buscar

Galicia consegue mellorar o control da ostra e do mexillón a través do Intecmar

Publicado o 09/08/2019 19:55

Galicia consolídase como referente no control sanitario dos moluscos. O Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño, o Intecmar, conseguiu a acreditación para detectar o norovirus, un patóxeno que pode aparecer en ostras e mexillóns. É o único laboratorio en Galicia que o ten.

Con esta acreditación, o Intecmar consegue mellorar o control microbiolóxico das ostras e do mexillón, e adiántase case dous anos ao prazo fixado para adaptarse á nova normativa que obrigará a todos os laboratorios a tela. 

Rosa Quintana, conselleira do Mar, "na técnica de cuantificación de norovirus o facemos case con dous anos de antelación ao que está establecido na normativa comunitaria. Somos o único laboratorio de Galicia acreditado, e somos o terceiro de toda España"

Os norovirus son patóxenos que adoitan aparecer nos mexillóns e tamén nas ostras, e están asociados con enfermidades de trasmisión alimentaria. O Intecmar revalidou tamén a súa acreditación nos outros ensaios de control de moluscos, entre eles, os de biotoxinas mariñas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019