CRTVG

Buscar

O Sergas empregará os centros de saúde para finalizar a vacinación

Publicado o 06/09/2021 14:20

Dentro duns días entrará en vigor o novo protocolo para regular as ocupacións na hostalería. Con esa ruta, quérese dar máis estabilidade a estes negocios. Estableceranse tres niveis de ocupación en que se terá en conta a porcentaxe de poboación vacinada. 

"Dar a coñecer o próximo mércores un protocolo con certo carácter de estabilidade. Se o 96 por cento da poboación está vacinada, o protocolo ten que dar resposta a ese feito", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta.

O Goberno galego agarda rematar este mes a vacinación. A prioridade son os mozos. A Xunta calcula que o 98 por cento dos estudantes de secundaria iniciarán o curso coa pauta completa.

"O primeiro obxectivo é vacinar os rapaces antes do 20 de setembro; pídolles a todos que acudan ás convocatorias xa sinaladas para que poidamos comezar o curso con todos cunha dose e o 98 por cento coa pauta completa", asegura Núñez Feijóo.

Respecto ás 200.000 persoas que aínda non se vacinaron, daráselles máis facilidades. O presidente da Xunta avanzaba que se lles ofrecerá a posibilidade de vacinarse nos seus centros de saúde.

Noticias web

06/09/2021