Galicia confía en recueprar máis de 200 millóns que lle reclama ao Estado en concepto de IVE

O Tribunal Supremo abre a porta a que as comunidades recuperen o IVE de 2017, que levan anos reclamándolle ao Goberno central. A primeira sentenza sobre este litixio dálle a razón á Junta de Castela e León. O Estado terá que devolverlle 182 millóns. No caso de Galicia a débeda ascende a 204 millóns. É o que a Xunta considera que lle debe o Estado. A Xunta tamén acudiu aos tribunais, cunha demanda que se está tramitando. Se todas as autonomías reclaman, están en xogo máis de 4.000 millóns de euros.
A sentenza do Supremo abre a porta a que Galicia recupere máis de 200 millóns de euros. A Xunta reclamou o pago do IVE de 2017 e Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta confía en que a xustiza tamén lle dea a razón ao Goberno galego.
A Xunta aspira a destinar ese diñeiro a gasto social. Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, dixo que os cartos "terán que vir á comunidade porque son de todos os galegos e galegas".
Pese ao recurso de Galicia, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, mantivo en reiteradas ocasións a súa negativa en devolverlles o IVE ás comunidades.
A Xunta seguiu adiante coa demanda xudicial. Non só reclamou o IVE senón tamén outros 170 millóns por cumprir o déficit nos anos 2017 e 2018.
Se todas as comunidades reclaman o IVE, o Goberno podería ter que pagar máis de 4.000 millóns de euros.