CRTVG

Buscar

Galicia comezará a vacinar os adolescentes de 12 a 15 anos antes de rematar agosto

Publicado o 14/08/2021 11:16

A consellería de Sanidade conta con empezar a vacinar os adolescentes de entre 12 e 15 anos antes de rematar agosto. O obxectivo é que os rapaces desa idade volvan inmunizados ás aulas.

O curso en secundaria está previsto que comece a mediados de setembro. As áreas sanitarias de Lugo, Ourense e Santiago prevén acabar de poñer as primeiras doses do grupo de 20 a 29 esta semana. E en Santiago xa comezarán a chamar aos que teñen entre 16 e 20 anos o próximo martes.

Noticias web

14/08/2021