CRTVG

Buscar

Galicia comeza hoxe a facer tests serolóxicos aos docentes

Publicado o 24/08/2020 08:31

Ante a proximidade do inicio do curso escolar, a partir deste luns Galicia comezará a facer tests serolóxicos aos docentes.

En total, serán unhas 40.000 probas tanto nos centros públicos coma concertados e dos niveis de ensino non universitario e formación profesional.

É unha das medidas en materia educativa que adoptou a Xunta, xunto coa obrigatoriedade de usar máscaras en todo momento para o profesorado e o alumnado maior de 6 anos, unha opción aconsellada polo comité clínico de seguimento da covid-19.

O xoves os conselleiros de Educación xuntaranse cos ministros de Sanidade, Educación, Formación Profesional e Política Territorial para abordar a volta ás aulas. 

As autonomías reclaman un protocolo común que garanta un regreso ás aulas seguro. Agárdase que desa reunión saían medidas concretas relativas a obrigatoriedade do uso da máscara en todos os centros de España ou a semipresencialidade das clases para os alumnos de máis idade.

Tamén a partir deste luns comezará o cribado para os xornaleiros de tempada que traballarán na próxima vendima. Faranse entre 3.000 e 4.000 probas, antes da súa incorporación aos traballos, nos hospitais de referencia das áreas sanitarias en que estea situada cada adega.

Noticias web

24/08/2020