CRTVG

Buscar

Galicia cheira a fume tras unha noite máxica de San Xoán sen incidentes

Publicado o 24/06/2019 11:35

Agardábase moito máis do San Xoán deste ano, porque todo o mundo agardaba celebrar tamén o ascenso do Deportivo. Pero, malia a desilusión que acabou dando o fútbol, máis de cen mil persoas botáronse á rúa e á praia para gozar do rito das fogueiras. Iso si, arredor do lume podíanse ver moitas apertas de consolación, un certo fondo de tristura. Para moitos coruñeses, o día que temos por diante vai ser moi longo.

Luz aínda ás dez e media da noite. Dunha noite que antes de converterse en noite agarda en tensión polo desenlace do fútbol. Hai que velar por esa cidade masivamente entregada ao lume.

E salta a medianoite... Os fogos conceden o permiso oficial para facer maxia. Rostros cara a cara co lume, pantalla mediante.

A marea humana ocupa o espazo que concede a marea baixa. Maxia por escrito. Queimar malas palabras. Unha cultura que non parece entender de fronteiras. Aquí as únicas que baixan a cabeza son as meigas.

 

Noticias web

24/06/2019