CRTVG

Buscar

Galicia celebra o Día do Orgullo LGTBI

Publicado o 28/06/2019 23:01

Cada 28 de xuño celébrase o Día do Orgullo LGTBI. Unha data en que se recorda a loita polos dereitos que empezou hai 50 anos no pub Stonewall en Nova York. En todo o mundo conmemórase esta celebración con diversos actos, tamén en Galicia.

50 anos despois das protestas polas redadas no Pub Stonewall de Nova York, Galicia énchese de actos para celebrar o Día do Orgullo LGTBI. Dende hoxe e durante toda a fin de semana hai faladoiros, concertos e manifestacións convocadas nas sete cidades galegas. Todas elas en defensa dos dereitos conseguidos nestes 50 anos.

Cando hai 50 anos os manifestantes protestaban contra a policía neoiorquina no pub Stonewall poucos poderían imaxinar os avances cinco décadas despois. Hoxe os veteranos volveron ao mesmo escenario para recordar un momento que marcou un antes e un despois na loita polos dereitos cívicos. "Nunca pensei que estaría aquí 50 anos despois recordándoo. Non sabiamos que faríamos historia. Eu lembro cando estaba aquí dicíndome a min mesmo, é só un caso.".

E é que Stonewall puxo a primeira pica para avanzar na lexislación e na mentalidade de moitos. En 2019 só 26 estados permiten os enlaces entre persoas do mesmo sexo. Logros acadados paseniño pero que amosan a importancia de reinvindicalos nesta data. "Obviamente é importante porque temos moitas cousas por que loitar aínda e moitas cousas que acadar".

Uns dereitos que aínda seguen cuestionados nalgunhas partes do mundo. 70 países penalizan manter relacións con persoas do mesmo sexo e en doce estados mantense a pena de morte. Unha realidade á que se tiveron que enfrontar os que hai 50 anos, ergueron as súas voces pedindo liberdade.

Noticias web

28/06/2019