CRTVG

Buscar

Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León paralizan a proposta de incrementar a protección do lobo

Publicado o 20/11/2020 21:23
Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León paralizan a proposta de incrementar a protección do lobo

Galicia e outras 3 comunidades paralizan a proposta do Goberno para que o lobo ibérico sexa especie protexida. Os conselleiros de Medio Ambiente da Galicia, Cantabria, Asturias e Castela-A Mancha cren que esta protección é unha seria ameaza para a actividade gandeira. Ademais impediría a caza do lobo cando a súa poboación medre excesivamente. As comunidades defenden que os seus actuais plans de xestión da especie manteñen o equilibrio entre biodiversidade e explotación económica do agro.
 

Noticias web

20/11/2020