CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Galicia baixo a mirada de dúas das escritoras máis destacadas de Latinoamérica

Publicado o 06/05/2017 13:07





Galicia baixo a mirada de dúas das escritoras máis destacadas de Latinoamérica. A arxentina María Rosa Lojo e a brasileira, Nélida Piñón, ambas de ascendencia galega, contaron en Bos Aires a súa visión da emigración galega cara a América a través das súas propias historias.

ENTRADIÑA

Arxentinos e brasileiros coñecen un pouco mellor Galicia e as súas xentes grazas ás personaxes e lugares que aparecen nas novelas de María Rosa Lojo e Nélida Piñón, dúas das escritoras máis destacadas da América Latina. Teñen ascendencia galega e veñen de presentar en Bos Aires as claves da nosa emigración cara América dende unha mirada feminina.

PEZA

Estas brillantes escritoras que coñecen en profundidade a emigración galega sorprenderon coas súas argumentacións ós participantes da Cátedra Galicia América.

Nélida Piñón, primeira muller en presidir a Academia Brasileira de Letras e Premio Príncipe de Asturias das Letras, deixou claro dende a paixón polas súas orixes no municipio pontevedrés de Cotobade que cando se fala de Galicia no Brasil, ela é a experta.

CORTE 1:Nélida Piñón - Escritora brasileira de orixe galega
"O imaxinario galego contaminou o meu imaxinario, fortificou as miñas convicións de que eu era unha muller de doble cultura".

A extrensa obra de María Rosa Lojo reflicte como A Arxentina e Galicia se nutriron mutuamente cos camiños de ida e volta da emigración.

CORTE 2: María Rosa Lojo - Escritora arxentina de orixe galega
"Creo que a identidade galega na Arxentina, que eu chamo nun ensaio "cripto identidade" porque parece oculta, parece escura, parece negada, pero en realidade está negada de tan evidente que é".

Ambas autoras contaron anécdotas das súas investigacións ante un púbico que tamén puido compartir as súas experiencias.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

06/05/2017