CRTVG

Buscar

Feijóo avala límites nocturnos, pide criterios pactados e non falar de toque de queda

Publicado o 22/10/2020 16:05

Da postura que Galicia leva á reunión do Ministerio coas comunidades para analizar a situación epidemiolóxica en España falou hoxe o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo pide que se loite contra a pandemia con coordinación e aplicando os mesmos criterios para toda España.

Neste sentido, Feijóo solicitaralle ao Executivo que na conferencia de presidentes do vindeiro luns se debata sobre as actuacións máis axeitadas para facer fronte á segunda onda da pandemia. 

Xunto con isto, Núñez Feijóo tamén lle vai pedir a Sánchez que se reforme a lexislación sanitaria.

No primeiro día de aplicación das novas restricións, o presidente da Xunta agradeceu o civismo da maioría dos cidadáns e pediu que evitemos as xuntanzas con amigos e familiares.

Ademais, a Xunta vai axudar os pequenos e medianos concellos a tramitar as sancións derivadas dos incumprimentos das medidas fronte á covid-19.

Noticias web

22/10/2020