CRTVG

Buscar

Galicia, Asturias e Cantabria pídenlle ao Goberno que acepte as súas demandas conxuntas

Publicado o 21/02/2020 15:04

Acadar maiores incentivos nos prezos da electricidade para que aquelas empresas que máis enerxía consomen poidan competir en igualdade de condicións coas doutros países europeos. Ese é o principal obxectivo das alegacións que presentaron conxuntamente as comunidades do norte do España onde se concentra a maior parte destas empresas electrointensivas.

Unha situación de emerxencia da que tamén alertan as empresas do sector. Nun comunicado, Alcoa subliñaba que a produción de alumunio non é viable nestas condicións e que están en perigo uns 6.000 postos de traballo entre directos e indirectos, que supoñen máis do 30 por cento do produto interior bruto da provincia de Lugo. Piden cambios tamén dende A Coruña.

Empresas, traballadores e gobernos autonómicos esixen ao Ministerio unha resposta inmediata ás alegacións que presentaron.

Noticias web

21/02/2020