Galicia amenceu baixo un manto de branca neve que fai difícil a circulación rodada
Publicado o 06/04/2019 20:22
6 de abril e Galicia amenceu así. Neve, e moita, na montaña de Lugo. O que sorprende aínda máis é a impresionante nevarada rexistrada en practicamente toda a provincia de Ourense, en puntos onde non adoita nevar nin nos meses duros do inverno. Hai aviso amarelo en case todo o centro e sur da provincia, porque as folerpas callaron cun grosor considerable en zonas superiores aos oitocentos metros.
Tráfico acaba de decretar o nivel branco en diversas estradas que ao longo da mañá tiveron problemas para circular. Son as coñecidas como nevadas do cuco. Moitos veciños quedaron illados polas neves.