CRTVG

Buscar

Galicia alcanza os 2.205 falecidos pola covid−19 tras sumar nove este mércores

Publicado o 24/02/2021 20:42
Galicia alcanza os 2.205 falecidos pola covid−19 tras sumar nove este mércores

A Consellería de Sanidade notifica o falecemento de nove persoas diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra total de decesos en Galicia sobe ata os 2.205 dende o comezo da pandemia.

Nas últimas 24 horas faleceron unha muller de 83 anos no CHOP, unha muller de 95 anos no mesmo hospital, unha muller de 96 anos no HULA, unha muller de 65 anos no CHUAC, un home de 80 anos no Hospital do Salnés, unha muller de 93 anos no centro integrado CEGADI procedente dunha congregación relixiosa, un varón de 90 anos no CHUS, un home de 80 anos no CHOP e un varón de 84 anos no HULA.

Segundo informa Saúde Pública, todas elas sufrían patoloxías previas.