CRTVG

Buscar

Galicia chega ás 1.228 vítimas da covid-19 tras sumar sete novos falecementos

Publicado o 02/12/2020 20:23
Galicia chega ás 1.228 vítimas da covid-19 tras sumar sete novos falecementos

O Sergas comunicou o falecemento nas últimas horas de sete persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia.

Coas novas mortes rexistradas, o total de falecidos por mor do virus na comunidade ascende a 1.228.

Na área da Coruña faleceron unha muller de 86 anos no seu domicilio de Irixoa e unha muller de 91 anos no CHUAC.

En Ferrol faleceu unha muller de 92 anos no CHUF.

En Vigo faleceron unha muller de 86 anos na residencia integrada para pacientes covid Bo día Sagunto de Vigo que procedía da residencia Bo Día Sagunto de Nigrán e un home de 75 anos no CHUVI procedente da Residencia CRAPD-Vigo 2.

En Pontevedra faleceu unha muller de 80 anos no CHOP.

Na área de Lugo faleceu un home de 79 anos no HULA.

Todos eles presentaban patoloxías previas.