CRTVG

Buscar

Galicia acumula nove medallas nos campionatos de España de ciclocrós de Pontevedra

Publicado o 11/01/2020 22:46

Dispútase esta fin de semana en Pontevedra o campionato de España de ciclocrós, no que xa non faltan os éxitos galegos. Como por exemplo os de Laura Mira e Uxía Souto, que lograron os dous primeiros postos na categoría cadete. Nesa mesma idade, pero na proba masculina, Iván Fernández logrou o terceiro posto. Non foron os únicos éxitos galegos pois os nosos ciclistas acumularon nove medallas, superando xa as oito do pasado ano. O domingo disputaranse as probas de categoría absoluta.

Noticias web

11/01/2020