CRTVG

Buscar

Galicia acollerá un congreso de bonsai para achegar a xente a esta arte

Publicado o 24/08/2019 15:27


Un bonsai é unha árbore en pequeno, que se consegue mediante diversas ténicas. Piñeiros, oliveiras, figueiras… son susceptibles de plantarse nunha maceta pequena e, cos coidados adecuados, poden chegar a vivir o mesmo que un dos seus irmáns grandes.

Esta singular e paciente arte atribúeselles aos xaponeses, pero en Galicia están aparecendo iniciativas que tentan facelo máis accesible á xente. De feito, en outubro organízase un Congreso Galego de Bonsai. Segundo o organizador do evento, a idea foi " porque en Galicia decatámonos que tiñamos moitas pezas para facer o congreso pero estaban separadas. Por iniciativa persoal decidín conxugar todo iso:os maestros que temos, as coleccións tan boas que temos e os afeccionados que hai, e xuntalos todos nunha data bianual e facer a festa do bonsai en condicións", asegura.

Óscar Expósito, presidente do Club Bonsai Pontevedra, afirma que " Galicia hoxe por hoxe é unha pontencia en materia de bonsai e a proba é que temos un dos mellores coleccionistas no ámbito europeo e tamén un dos mellores maestros europeos"

A sona de arte elitista e o alcance de poucos é algo que dende as asociacións de afeccionados se quere desterrar. Din que non é unha actividade cara, pero o importante é que a xente se deixe aconsellar polos especialistas.

En verbas de Alberto Baleato "non é unha afección cara, podemos empezar facendo bonsai de semente, facendo un plantón, ir a un viveiro e comprar unha planta de un, dous, cinco euros e chegar facer un bonsai de calidade diso. Como todo na vida depende dos límites que te marques e o que ti queiras investir".

No mes de outubro, os días 5 e 6, Santiago acollerá o Congreso Galego de Bonsai, unha cita imprescindible para todos os que queiran descubrir o traballo e a creatividade que se se agocha tras esta afección.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019