CRTVG

Buscar

Galicia acollerá máis de 2.500 actos culturais dentro da programación do Xacobeo

Publicado o 25/09/2021 16:50

Os concertos con público de pé volven este outono a Galicia. A desescalada do sector cultural arranca esta fin de semana cunha ampliación da ocupación permitida ao 75 por cento, como norma xeral en todos os eventos. Unha nova fase, na que a Xunta compromete o seu a apoio á celebración de máis de 2.500 actos dentro da programación do Xacoboeo. "Neste outono queremos manter o apoio a actividade cultural que é soporte dos ingresos de moitas familias", di o conselleiro de Cultura.

Román Rodríguez invita á prudencia e a responsabilidade agora que a situación sanitaria permite abrir a man un pouco. Dende este sábado os festivais ao aire libre poden ter un máximo de 5.000 persoas, sempre con máscara e distribuídas en parcelas de 500. Unhas novas medidas que coinciden co lanzamento do bono de desconto para o consumo cultural. "A compra de entradas para un cine, para un teatro, para a compra dun libro pode ter un desconto de ata o 50 por cento", apunta o conselleiro.

Para o que non fai falla desconto é para asistir ao Festival de Orquestras de Verbena desta fin de semana. Actúan preto de 50 formacións en distintas cidades galegas e a entrada é de balde.

Noticias web

25/09/2021