Galicia achégase aos 800 mortos pola covid-19 tras once falecidos nas últimas horas
• Hoxe rexistrouse a maior cifra de mortes nun día desde o 26 de abril
• A segunda vaga deixa xa 178 vítimas do coronavirus na comunidade autónoma
As atoridades sanitarias informaron esta tarde de sete novos falecementos en Galicia de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.
Foron dous homes de 76 e 88 anos que estaban ingresados no hospital de Verín, un home de 82 anos que estaba ingresado no Clínico de Santiago, un home de 62 anos que estaba ingresado no hospital de Pontedra, dous homes de 70 e 96 anos que estaban ingresados no Centro Hospitalario de Ourense e un home de 89 anos que faleceu na residencia Val de Monterrei.
Esta mañá, o Sergas notificaba outras catro mortes, todas elas de usuarios de residencias da provincia de Ourense.
Dous dos falecidos, de 80 e 88 anos, morreron no hospital de Verín e procedían da residencia Val de Monterrei.
Nesa mesma residencia falecía un home de 88 anos, e outra muller de 89 anos morreu na residencia de maiores dos Gozos (O Pereiro de Aguiar).
Deste xeito xa son 797 persoas as falecidas en Galicia desde o inicio da pandemia.
A de hoxe é a maior cifra de falecementos nunha mesma xornada en máis de cinco meses; concretamente, desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 falecidos.
Nesta segunda vaga son 178 as vítimas que deixa a covid-19 en Galicia.