CRTVG

Buscar

Galicia acepta o ofrecemento do Goberno e vai solicitar rastrexadores militares

Publicado o 26/08/2020 09:57

A Xunta vai aproveitar a proposta de Pedro Sánchez e solicitar como rastrexadores os militares ofrecidos polo Goberno central.

A Consellería de Sanidade xa se dirixiu ao Ministerio de Defensa para amosar o seu interese pola incorporación de rastrexadores militares a Galicia. Agora faltaría por concretar o número de efectivos e en que momento poden empezar a traballar.

Lembren que un rastrexador é un profesional encargado de buscar todas as persoas que estiveron en contacto cun positivo en coronavirus. O seu traballo é esencial para atallar a propagación do virus.

Pedro Sánchez dixo onte que hai 2.000 militares a disposición das comunidades autónomas, e que ese número mesmo se podería aumentar, en caso de necesidade.



 

Noticias web

26/08/2020