CRTVG

Buscar

Galicia acada superávit contable tras 16 anos e a Xunta pide poder investilo

Publicado o 14/02/2019 15:52

Galicia, explica o presidente, conseguiu un superávit contable por primeira vez en dezaseis anos grazas ao bo comportamento dos ingresos tributarios e pola liquidación de fondos comunitarios. A Xunta, di Feijóo, é canda As Canarias a administración máis solvente. A Xunta defenderá diante do Goberno central que ten dereito a investir ese superávit.

15,6 millóns para o mantemento do Camiño 

A Xunta insiste en que o do 2021 ten que ser o mellor Xacobeo da historia e para conseguilo comezará a preparar un dos piares do ano santo: os camiños a Santiago. Vai licitar oito contratos de servizo, un por ruta, para a posta a punto das vías. Os contratos serán por dous anos prorrogables a tres para facer traballos de conservación nos 1.250 quilómetros de sendas e estradas e nos 121 concellos polos que transcorren os camiños a Compostela ao seu paso por Galicia.

O obxectivo deste plan é ter ata o 2021 un equipo permanente que se dedique a supervisar, manter e reparar as rutas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019