Galicia abre paso no turismo de congresos
Galicia loita por se converter nun referente do turismo de congresos, un dos que máis retorno económico deixa nas cidades. E para darse a coñecer, nada mellor que a convención OPC, o congreso dos que organizan os congresos, que reúne en Santiago máis de 300 profesionais do sector.
É o congreso dos que organizan congresos asi que nada pode fallar. É unha oportunidade única para que Galicia amose ante o sector o seu potencial á hora de recibir grandes eventos.
Santiago, A Coruña e Vigo avanzan cada ano na organización destas citas, porque os congresistas deixan máis cartos que a media dos turistas en hoteis, comidas e ocio.
Confían en que o Xacobeo funcione como imán deste tipo de eventos, e desexan que o tirón teña continuidade e consolide Galicia como referente do turismo de congresos.