CRTVG

Buscar

Galicia abre as viaxes en grupo co primeiro tour guiado

Publicado o 29/06/2020 15:19

O turismo esperta pouco a pouco. En Duanwu, na China, que vai por diante, miles de turistas celebran o Festival do Bote do Dragón. Con seguridade e distancia, pero en grupos.

A Torre Eiffel tamén acaba de reabrirse despois de tres meses. A condición, subir a pé e con máscara os 674 banzos.

E en Galicia, destino cobizado, poñemos en marcha unha das primeiras viaxes en grupo de España. Trinta turistas percorren neste momentos Cambados e a ría de Arousa.

Familias, parellas, viaxeiros de distintas idades e procedencias como Estemadura, Cataluña ou Valencia. Escolleron Galicia por moitos motivos, tamén a seguridade.

Vigo, A Coruña, Santiago, Combarro ou A Toxa serán paradas neste itinerario que durará ata o venres. Iso si, mantendo todos os protocolos de seguridade.

A normalidade, que parece que se asenta pouco a pouco. Detrás deles, virán e iremos este verán, moitos máis.

Noticias web

29/06/2020