CRTVG

Buscar

Galicia, a envexa do resto da península nesta Semana Santa

Publicado o 20/04/2019 15:00

• Samil, en Vigo, chea de xente que a última hora cambiou de parecer

Galicia é hoxe a envexa de España no que a temperaturas se refire. En pleno mes de abril a Semana Santa despídese con anticiclón e praias que non difiren moito das dun día do mes de agosto.

A temperatura da auga, como é habitual no Atlántico, só animaba a adolescentes e cativos. Pero agás pola temperatura mediterránea da auga, hoxe as rías Baixas nada lle envexan ao Levante.

Galicia é dos poucos destinos turísticos que se libran da chuvia e do frío. Samil, en Vigo, estaba chea de españois que a última hora cambiaron de parecer.

Como dicía aquel anuncio ao sol, aquí, hoxe, "ti dásme cremiña eu douche cremiña" e ata o domingo a relaxarse porque o tempo estará da nosa parte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019