CRTVG

Buscar

Galicia, a cuarta comunidade autónoma con máis positivos notificados nas últimas 24 horas

Publicado o 01/12/2020 20:30

• O Ministerio notifica 8.257 positivos e 442 falecidos máis

Galicia, a cuarta comunidade autónoma con máis positivos notificados nas últimas 24 horas

O Ministerio de Sanidade notificou este martes 8.257 novos positivos por coronavirus, 3.841 diagnosticados nas últimas 24 horas, que elevan a cifra total ata 1.656.444, cunha incidencia acumulada de 265,76 casos por cada 100.000 habitantes. O número de falecidos suma 45.511, o cal supón 442 mortes máis.

As autonomías con máis positivos diagnosticados nas últimas 24 horas son Madrid (1.001), Cataluña (914), País Vasco (394) e Galicia (301). 

As que menos novos casos rexistraron foron Castela e León (7), as cidades autónomas de Ceuta (9) e Melilla (22) e a Rexión de Murcia (20).

Na última semana, morreron 1.067 persoas con coronavirus en España, a maior parte en Andalucía (194), Asturias (137), Castela e León (132), Aragón (111) e Comunidade Valenciana (104).

Respecto a a incidencia acumulada nos últimos 14 días, hai oito comunidades autónomas que superan a media de 265: Castela e León (403,16), Asturias (392,45), País Vasco (394,11), A Rioxa (408,15), Cantabria (337,82), Aragón (337,53), Andalucía (294,92), Castela-A Mancha (273,06). Tamén Ceuta (326,74) e Melilla (401,22).

No outro extremo, Canarias ten tan só 78,9 casos por cada 100.000 habitantes e Baleares, 198,35. Ségueas Estremadura con 226,19.

Actualmente hai 14.243 pacientes ingresados con covid−19 nos hospitais españois, cuxas camas están ocupadas ao 11,52 % por esta enfermidade. Deles, 1.262 ingresaron nas últimas 24 horas, a maior parte en Madrid (207), Cataluña (205) e Andalucía (152).

Con todo, en termos porcentuais as maiores cifras de camas ocupadas son as de Asturias (24,14 %), Castela e León (17,99 %) e País Vasco (15,37 %).

Canto ás UCI, hai 2.578 persoas ingresadas, o cal representa unha ocupación do 26,3 %.

As unidades de críticos máis colapsadas, pola súa banda, son as da Rioxa (50 %), Aragón (40,77 %), Castela e León (40,38 %), Asturias (38,4 %) e Cataluña (30 %).