Gales, Escocia e Irlanda do Norte rompen con Johnson e non seguirán a súa desescalada
Publicado o 12/05/2020 08:58
O plan de desescalada do primeiro ministro británico, Boris Johnson, rachou co consenso político existente ata agora na loita contra a covid-19.
O mesmo día en que o Reino Unido superaba os 32.000 mortos, Johnson presentaba no Parlamento unha folla de ruta de volta á normalidade que só se aplicara en Inglaterra.
Escocia, Gales e Irlanda do Norte xa anunciaron que exercerán por vez primeira os seus poderes de xestión na loita contra a pandemia ao consideraren que é demasiado pronto para iniciar o desconfinamento.