CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Galegos residentes en Roma opinan sobre os últimos gobernos en Italia

Publicado o 05/03/2018 21:22





Os analistas do país esta mañá definían o que acontece en Italia como un tremor, unha patada ao sistema. As opcións como o movemento 5 estrelas, gañadora en votos, e a Liga Norte rompen co esquema clásico, non son partidos novos pero si soaron entre a poboación como frescos e como a alternativa. A política convencional afúndese en Italia seguindo a estela de España e Alemaña e os posibles pactos non son tan sinxelos. Os italianos votaron cansados despois de 5 anos con 3 gobernos e desencantados coa clase política. Pero que se di nas rúas deste país, a terceira economía da zona euro? Nos preguntámosllo a galegos que viven aquí en Roma.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

05/03/2018