Galegos e turistas ven o solpor na fin do mundo
Publicado o 19/04/2019 21:00
A fin do mundo converteuse desde hai tempo nun dos lugares predilectos en Galicia para ver o solpor. Ata Fisterra acude cada vez máis xente no lusco fusco, tanto galegos coma turistas, cun ambiente relaxado e moi espiritual. Ver a caída do sol acompañado cunha copa de viño nestes cantís e con este tempo solleiro, pode ser un momento inmellorable para achegarse nesta Semana Santa.