CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Galegos e descendentes mobilízanse en Bos Aires fronte ao Centro Galego

Publicado o 20/03/2016 21:26

Ducias de galegos e os seus descendentes mobilizáronse en Bos Aires fronte ao Centro Galego; o hospital de referencia da colectividade na Arxentina e emblema cultural, para pediren que a súa xestión, agora en mans do Goberno Nacional, volva corresponder aos socios.

Na bautizada como a esquina da galeguidade de Bos Aires, eríxese o Centro Galego. Un referente cultural que hoxe congregou a boa parte da colectividade galega para pedir pola súa restitución ós seus lexítimos donos, os socios.

A petición é clara.

Ángeles Calvo, manifestante di: "Que el Centro Gallego de Buenos Aires, hecho por los gallegos de la Argentina y que han estado viviendo en Argentina, sea otra vez el mejor del mundo".

Protestan dun xeito distinto. Ó ritmo da música da terra e por un novo Centro Galego de Bos Aires que deixe atrás a intervención que instaurou no 2012 o Goberno Nacional de Cristina Fernández e que -aseguran- o abocou a un déficit de funcionameto e a un incremento da débeda.

Co novo Goberno de Mauricio Macri ven o fin máis preto.

Osvaldo Méndez, coordinador da manifestación, sinala que "El espíritu que el nuevo Gobierno plantea en la situación de conducción de la casa es que la casa retorne a los dueños legítimos, que son sus socios".

As novas xeneracións teñen moi presente á que fora cuna da elite cultural e política de Galicia.

Pablo Flores, manifestante, di que "Para mi es una retribución estar acá ayudando a la gente y a una institución como el centro gallego".

Agora, agardan que se den os pasos precisos para que -nun ano- os galegos volvan dirixir a que fora a súa casa.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí