CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Galegos da Arxentina recollen nun cedé temas da nosa música folclórica

Publicado o 08/10/2016 14:41
A colectividade galega da Arxentina únese para recoller nun cedé algúns dos temas máis importantes da nosa música folclórica.
Un proxecto no que están a participar preto de duascentas persoas para deixar claro que a cultura galega segue a latexar con forza na diáspora.

Levan meses ensaiando e agora por fin se materializa.
Os galegos de Bos Aires, e doutras cidades da Arxentina, rinden homenaxe a Galicia coa gravación dun cedé que recollerá algúns dos temas máis emblemáticos da nosa tradición musical.


"Dalgunha maneira darlle unha forma e deixar plasmado o que fixo a colectividade galega neste tempo polo menos na súa parte fonográfica. Na súa parte musical" di Daniel Pazos, vicedirector do cedé.

Son un total de 16 pistas de estudo cun significado especial xa que todos eles foron versionados ou creados para as últimas edicións do Bos Aires Celebra Galicia, o programa cultura do Goberno porteño que exalta a cultura dunha das etnias máis importantes na historia do país.

"Para nos é unha honra formar parte desta celebración porque nos Celebra Galicia sentimos que podemos amosar ao mundo, en Bos Aires pero ao mundo, todo o que traballamos durante todo o ano nas nosas institucións ou grupos e amosar tamén a cultura galega en tódalas súas formas", indica Alberto López, director do proxecto musical.

Inclúe unha versións da "Rianxeira", composta na capital do río da Prata e convertida en himno da emgiración, a muiñeira de chantada coa que estes galegos foron a polo récord da muiñeira máis longa do mundo ou unha homenaxe ao asubío, entre outros.

Preto de duascentas persoas están implicadas neste proxecto entre coristas, músicos ou cantareiras.
Algúns é a primera vez que se ven nun estudo de gravación coma este pero, pese aos nervios, non quixeron perder a oportunidade de deixar rexistro de como se segue a vivir Galicia nesta quinta provincia.

Unha cultura galega que, aseguran, conta cunha saúde envexable do outro lado do Atlántico.

Para quenes participan como músicos, isto é unha oportunidade para rendir tributo aos seus pais e avós.

"Felicidad. Felicidad al saber que vamos a hacer algo que ellos tienen en el alma".

O cedé supón ademáis un fito xa que é a primeira vez que a comunidade galega se une para unha iniciativa destas dimensións.

Así o sinte tamén Nora Bugallo, que sendo descendente de 8 xeneracións de arxentinos, se enganchou hai case dúas décadas á gaita.

"Creo que va a quedar como un hito. Es muy importante, sobretodo para los hijos y nietos de gallegos que están acá."

O recopilatorio "Bos Aires celebra Galicia" verá a luz cara finais deste 2016.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí