CRTVG

Buscar

Galaxia presenta a colección Biblioteca Nós para conmemorar o centenario da Xeración Nós

Publicado o 28/12/2020 20:52

A editorial Galaxia, o conselleiro de Cultura e máis o presidente da Deputación de Ourense presentan a colección Biblioteca Nós, unha homenaxe aos artífices da revista Nós cando fai 100 anos do primeiro número.

É unha escolma dunha decena de obras de autores como Risco, Cabanillas, Castelao, Otero Pedraio, Losada Diéguez ou Vilar Ponte.

A presentación da colección foi nesta biblioteca ourensá que, desde hoxe, é a biblioteca Nós.


Noticias web

28/12/2020