CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Gala solidaria de Aspamite

Publicado o 14/05/2016 21:30

E hoxe no Auditorio de Galicia puidemos ver unha función moi especial.

Os protagonistas foron as persoas con diversidade funcional da asociación Aspamite de Teo. Foi unha gala na que os alumnos deste centro ocupacional representaron a obra teatral Marearte, coa colaboración dos actores da compañía Traspediante.

Tras a interpretación chegou o tempo para a danza, a maxia e a moda.

Os mesmos alumnos foron os modelos que desfilaron con roupa cedida por varios establecementos da capital galega para este evento solidario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí