CRTVG

Buscar

Gaku Shibakasi levanta expectación entre o deportivismo

Publicado o 22/07/2019 21:51

É, polo momento, a fichaxe estrela do Deportivo, o que máis expectación espertou entre a afección. O quinto reforzo do equipo. Un xogador que xa tentaran fichar en xaneiro. Non fora posible entón, pero agora si, por fin, Gaku Shibakasi vestirá a camiseta branca e azul.

Precisamente, o feito de xogar de mediocentro é o que fixo que se decantara polo Deportivo, aínda que noutros momentos da súa carreira xogou como mediapunta ou incluso pola banda esquerda. E tamén coincide co club nos seus obxectivos.

Gaku, de 27 anos e capitán da selección xaponesa, asina por catro temporadas. Na súa presentación posou coa súa compatriota Maya, xogadora do equipo feminino. Con Gaku o Deportivo abre tamén unha posibilidade de negocio, xa que podería expandir a súa marca no mercado xaponés.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019