CRTVG

Buscar

Gaizka Campos frea o Majadahonda e o Celta B saca un empate (0-0)

Publicado o 17/10/2021 15:11

O Celta B xa ten catroce puntos tras o empate a cero que conseguiu ante o Raio Majadahonda no Cerro del Espino. Gabri Veiga e Carlos Domínguez foron titulares. Na primeira metade dominou o equipo madrileño, e de feito o gardameta celeste Gaizka Campos foi o máis destacado, con algunhas intervencións de moito mérito. No segundo tempo as ocasións foron escasas e o encontro terminou sen goles.

Noticias web

17/10/2021