CRTVG

Buscar

Gadisa pecha 2019 cun crecemento da súa facturación dun 3,7%

Publicado o 03/07/2020 19:38
Gadisa pecha 2019 cun crecemento da súa facturación dun 3,7%

A compañía Gadisa pecha 2019 cun crecemento da súa facturación dun 3,7 por cento, superando os 1.228 millóns de euros.

A empresa mantén a súa aposta polo impulso do tecido socioeconómico de Galicia e Castela e León cunha filosofía asentada na proximidade, a sostibilidade e a creación de postos de traballo.

Gadisa creou o ano pasado 208 novos empregos. A empresa, 100 por cento galega, consolida o seu liderado na nosa comunidade.

Noticias web

03/07/2020