Gadisa incrementou a facturación un 10 % en 2020
Publicado o 16/07/2021 12:42

Gadisa incrementou a súa facturación un 10 % ano pasado, ata os 1.350 millóns de euros.
Son os resultados dun ano de pandemia pero de forte expansión do sector da alimentación. O grupo de distribución galego, con marcas como Gadis ou Claudio, creou, ademais, 350 empregos directos. O cadro de persoal queda case en 7.000 traballadores.
Ademais, a cifra de investimentos superou os 32 millóns de euros, un 37 % máis que o ano anterior.