CRTVG

Buscar

Gadisa incrementa a facturación un 4 por cento e consolida o liderado no noroeste peninsular

Publicado o 26/07/2019 16:21

2018 consolídase como o ano de expansión de Gadisa no noroeste peninsular. Destaca a apertura dos primeiros establecementos do grupo na provincia de Zamora.

Gadisa elevou a súa facturación un 4 por cento no pasado exercicio económico ata chegar aos 1.185 millóns de euros. Un crecemento que se traduce tamén no aumento do persoal. En 2018 superaron os 7.400 empregados, o 76 por cento deles mulleres.

213 supermercados propios, 180 franquiados e10 Gadis Hiper completan as cifras do pasado ano deste xigante galego.

O compromiso do grupo, destaca Gadisa, plásmase nas iniciativas de carácter solidadio e cultural. Exemplos disto, as campañas por un mundo máis sostible, Maio Solidario ou Alimentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019