CRTVG

Buscar

Gabriel Marcelli, aspirante a todo no futuro do trial

Publicado o 03/10/2019 16:53

Na casa familiar de Gabriel Marcelli, no Rosal, todo respira motor e pilotaxe. Amais do espazo onde repousan os seus premios, tamén teñen presenza algunhas das motos e trebellos mecánicos da súa vida. Presidindo o xardín está o circuíto de adestramento dun campión de 19 anos empeñado en ser o mellor piloto de trial do mundo.

Pero antes quédalle camiño a este xove rosaleiro que acaba de converterse en campión do mundo de trial TR2, o segundo banzo da especialidade, e tamén campión de Europa. Asegura que en tres anos está en disposición de comezar o ataque ao reinado do 26 veces campión do mundo Toni Bou.

Nacido para pilotar calquera enxeño mecánico e vendo como goberna unha carrilana cunha roda inservible, o campionato do mundo na súa máxima categoría é cuestión de tempo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019