CRTVG

Buscar

Gabriel, enterrado na intimidade despois dunha multitudinaria despedida

Publicado o 13/03/2018 20:52

 

Repenicaron as campás da catedral de Almería para despedir o neno Gabriel Cruz. As cinco mil persoas que seguiron en silencio o funeral desde o exterior rompían nunha ovación pechada. Os pais, Ángel e Patricia, levaban a man ao corazón para agradecer as mostras de cariño. Non estades sós, lles dicía a xente. E eles quixeron responder ao apoio que lles brindaron todos estes días con estas palabras.

"Que hoxe todos poñan 'Xirasoles' en lembranza de Gabriel. Que a bruxa xa está onde ten que estar. E arriba os corazóns da xente boa", dixo a nai."Grazas polo apoio que nos destes. Levástenos polo aire buscar o noso neno. Levástenos no colo, fixéstesnos  fortes buscando a Gabriel. Grazas ao apoio e cariño que nos destes", dixo o pai.

Ao interior da catedral só puideran acceder a familia e as autoridades entre as que estiveron a vicepresidenta do Goberno e o ministro do Interior. Juan Ignacio Zoido abandonou Almeria levando na man a bufanda de Gabriel que lle deu a nai despois de levala posta desde que desaparecera.
Tras o multitudinario funeral a familia acompañou os resto mortais do pequeno ata o cemiterio de Fernán Pérez, en Níjar onde o soterraron nunha cerimonia privada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018