CRTVG

Buscar

Gabilondo lamenta non ser capaz de convencer con "propostas sosegadas"

Publicado o 04/05/2021 23:18

EFE

EFE

O candidato socialista á Comunidade de Madrid Ángel Gabilondo recoñeceu este martes que non deu aberto os "espazos para un debate sosegado", algo que "lamenta", e engadiu que "é un orgullo representar o PSOE".

Así o dixo aos xornalistas no hotel Princesa Plaza, desde onde seguiu a noite electoral xunto a membros da súa candidatura e a Executiva rexional do PSOE, tras coñecérense os resultados do escrutinio que dan o peor resultado ao PSOE da súa historia na rexión madrileña. "Eu non fun capaz de abrir eses espazos para un debate sosegado e non descualifico a ninguén porque fose así", asegurou. 

O secretario da organización José Luis Ábalos cre que non se pode estender a toda España o resultado de Madrid.

Afirmou Ábalos que "Madrid é unha comunidade moi importante, pero non representa o conxunto de España. Como tampouco o representaron os resultados das eleccións recentes noutras comunidades autónomas, como Cataluña, onde o Partido Popular quedou como última forza parlamentaria, superada nesa ocasión por Vox".