CRTVG

Buscar

Futuro incerto para Dario Campos e Álvaro Santos na Deputación de Lugo

Publicado o 12/06/2019 16:05

Na Deputación de Lugo perigan os postos de dous homes fortes do Psdegá: Álvaro Santos, voceiro, e Darío Campos, presidente en funcións.

Futuro incerto para Darío Campos e Álvaro Santos, os dous homes fortes do PSdeG na provincia de Lugo no último mandato. O actual secretario provincial, Álvaro Santos, non figura nas preferencias dos alcaldes e voceiros socialistas da comarca para repetir como deputado provincial. Quedaría só como concelleiro en Lugo, onde a alcaldesa en funcións non ve ben que o seu equipo quede sen presenza na corporación provincial.

O actual presidente en funcións da Deputación ve perigar a súa reelección polas aspiracións á presidencia do monfortino José Tomé. O secretario xeral do PSdeG decía esta mañá na Coruña que non quere falar de nomes para presidir as deputacións galegas.

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019