CRTVG

Buscar

Fusión de tradición e vangarda na Mostra do Encaixe de Camariñas

Publicado o 20/04/2019 21:31

Os desfiles de moda son o sinal de identidade da mostra. Firmas consolidadas e artistas emerxentes presentan aquí coleccións con denominación de orixe camariñá. Artesanía de fíos tradicional que cadra á perfección nas propostas máis modernas.

A mostra reúne mulleres que levan media vida palillando. Tamén están as que aseguran a remuda xeracional, mans novas que introducen a innnovación nos seus deseños conservando a esencia do encaixe de Camariñas.

Hai unha presenza internacional importante en Camariñas, que volve ser punto de encontro e de intercambio para palilleiras de todo o mundo.

É a vixésimo novena edición da Mostra de Encaixe de Camariñas, que aspira a ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019