Furanchos, cocido e festa rachada no San Brais de Bembrive
Publicado o 03/02/2020 20:37
O 3 de febreiro non queda pendello, baixo ou garaxe na parroquia viguesa de Bembrive que non acabe convertido en furancho. De tantos como hai, non dá feito a repartir benzóns nin o propio santo, todo o día leva volta para aquí e para acolá, como os romeiros.
O San Brais de Bembrive estrea esta edición a súa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, unha categoría que foi concedida a esta multitudinaria romaría de inverno por ser tradición con máis de 350 anos de antigüidade e por conservación dos costumes populares, que son fundamentalmente dous: a música e sobre todo, o cocido.
O dito, que moito labor lle toca ao patrón da gorxa, san Brais, para librar do rouquén todos os devotos.