CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Funergal presente en Ourense as últimas tendencias nos servizos funerarios

Publicado o 11/11/2016 21:27





O sector funerario de España celebra hoxe e mañá en Ourense a súa feira anual, Funergal, en que se mostran as últimas tendencias no sector funerario. Atención porque hai algunhas propostas bastante sorprendentes.

A novena edición da Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios abriu as súas portas en Ourense con 110 expositores e visitantes profesionais de 14 países. Neste edición destaca a crecente expansión do negocio funerario en toda España e preséntanse as últimas tendencias en servizos cada vez máis adaptados ao mundo de hoxe, desde as homenaxes aos falecidos á produción de produtos ecolóxicos.



Unha empresa portuguesa ofrece un servizo ecolóxico, sostible e natural. Trátase dunha urna ecolóxica que utiliza cortiza como materia prima e que é biodegradable.



Pero os servizos funerarios tamén chegan á Internet. Unha empresa catalá ofrece un servizo que mantén a memoria e homenaxea os falecidos nas redes sociais.



Funergal tamén ofrece tres exposicións: os mellores cemiterios de España, un gran premio de coches fúnebres de Scalextric e a mostra 'As mil caras do loito'.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/11/2016