CRTVG

Buscar

Funerarias galegas reforzan os servizos das funerarias madrileñas

Publicado o 01/04/2020 10:12

En Madrid as funerarias están tan desbordadas que varias comunidades autónomas enviaron coches fúnebres e persoal para reforzalas, entre elas funerarias galegas.

Jorge Balado, vicepresidente da Federación Galega de Servizos Funerarios: "A nós estanos afectando esta situación, por suposto,pero a quen máis afecta é as familias. Nós temos moita tradición aquí e temos moito culto á morte. Este tipo de actos en que tratamos de acompañar as familias para poder despedir os nosos seres queridos non se están podendo realizar con normalidade. Eses son os principais cambios".

"Este sector está para cooperar e axudar cos compañeiros que poidamos, sexa en Madrid ou en calquera outro sitio".

"Estámonos sorprendendo moito co ben que están acollendo as familias as novas medidas nos velorios. Xa é duro abondo perder un ser querido, canto máis facelo nestas condicións. Hai que agradecerlles o comportamento que están a ter e como son conscientes da situación".

Noticias web

01/04/2020